//
estás a ler...
Outros acontecementos.

ALDEAS INFANTILES SOS

logo ALDEAS INFANTILES ALDEAS INFANTILES SOS

O venres 28 de xaneiro,os mozos e mozas do 3º Ciclo recibiron unha interesantísima charla de mans do psicólogo e do director da ALDEA que a ONG ALDEAS INFANTILES SOS ten no concello pontevedrés de REDONDELA.

 



Con Camilo e Fernando, director e psicólogo do centro respectivamente, descubrimos datos relevantes sobre a orixe, función, localización, estrutura e funcionamento da ONG á que pertencen, tales como:

 .-Foi fundada en 1949 polo austríaco HERMANN GMEINER, quen preocupado pola situación de miseria na que quedaran moitos nenos e nenas orfos despois da 2ª GUERRA MUNDIAL, construíu a 1ª Aldea na pequena cidade tirolesa de Imst.

 .-É membro da UNESCO e ten un asesor permanente no Consello Económico e Social da ONU..-Na actualidade traballa en máis de 130 países e existen máis de 400 ALDEAS SOS NO MUNDO.

.-Os nenos e nenas que viven en ALDEAS INFANTILES reciben axuda, mesmo despois de cumpliren os 18 anos, ata que conseguen independizarse.

.-En España existen 8 ALDEAS en: Barcelona, Redondela, Madrid, Granada, Cuenca, Zaragoza, Santa Cruz de Tenerife e As Palmas.

.-Cada ALDEA estrutúrase en aproximadamente unha ducia de casas nas que se localizan, ademais de un centro común para actividades diúrnas, ludoteca e biblioteca e a vivenda do Director/a; uns sete ou oito FOGARES nos que conviven, entre 4 e 6 nenos e nenas cunha educadora que exerce a función de NAI e que lles proporciona AFECTO, SEGURIDADE, COIDADOS E HÁBITOS PARA MEDRAREN CON ILUSIÓN E EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES QUE CALQUERA OUTRO MOZO OU MOZA DA SÚA IDADE.

Pero, o que de verdade nos gustou, foi a súa proximidade, a naturalidade franca de quen sabe que fala con nenos, coa que fixeron súa a audiencia.

Mostraron sen morbo nin artificio, a dureza do desequilibrio e a firmeza do esforzo por convertelo nunha realidade propicia.

Faláronos tamén, do vínculo inequívoco que esta experiencia fragua.

Deixaron na nosa conciencia a pegada de quen finca os pés no chan.

Os nosos rapaces quixeron enviarlles aos seus, un saúdo en forma de gran postal na que xunto coa súa foto aparecía tamén PAPIRUS, o polbo mascota da nosa biblioteca.

http://flash.picturetrail.com/pflicks/3/spflick.swf

Sería estupendo que tivesen oportunidade de se coñeceren!

Que tal se un día quedamos?

Conversa

3 thoughts on “ALDEAS INFANTILES SOS

  1. i am a fan of ferragamo shoes collection. In my collection, ferragamo vara is very popular and fabulous.

    Posted by ferragamovara | Maio 5, 2011, 03:15
  2. cheap supras will match the proper knee. seize the chance of supra shoes for sale e period. you may be fond of supra mid tops . shoes.

    Posted by suprashoes | Maio 5, 2011, 03:19
  3. Burberry outlet usa provide you with classic yet fashional burberry items. They are from burberry factory outlet online store. Burberry wallets sale online can save you much money.

    Posted by Ferragamo outletnikeeegd | Outubro 24, 2011, 11:15

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: